top of page

SORTEO PACK “ASCENSIÓN

 

BASES LEGAIS DE PARTICIPACIÓN NO SORTEO EN INSTAGRAM DUN PACK “ASCENSIÓN”

 

1.- ORGANIZADOR DA PROMOCIÓN

 

Óscar Domínguez González con NIF 36048600X e domicilio na Avda. Martínez Garrido 1, Baixo - 26205 Vigo (Pontevedra), organiza con fines promocionais o sorteo (de aquí en diante, “a Promoción”) de ámbito nacional, a desenvolver a través de Internet (nas plataformas Facebook e Instagram), exclusivo para usuarios residentes en España e maiores de idade dacordo co disposto no apartado de condicións para participar.

 

 

2.-DATA DE INICIO E DATA DE FINALIZACIÓN

 

A Promoción se iniciará o día 6 de abril, e finalizará ol día 26 de abril de 2022 a las 23:00 h (GMT+1).

 

 

3.- REQUISITOS DE PARTICIPACIÓN E MECÁNICA DA PROMOCIÓN

 

Os requisitos de participación serán os seguintes:

- Poderán participar aquelas persoas que residan en España e sexan maiores de 18 anos.

- Só poderán participar aquelas persoas que teñan COMENTADO a publicación de Instagram sinalada, indicando a TALLA DE CAMISETA desexada, e que tamén teñan MENCIONADO polo menos a 3 usuarios activos de Instagram máis.

- Cada participante só poderá participar unha vez e desde unha conta persoal real; se o-a ganador-a (e/ou os usuarios aos que menciona) resulta ser unha conta falsa, entregarase o premio ao ganador suplente.

- A mecánica da Promoción consiste no sorteo dun PACK “ASCENSIÓN” valorado en 50,99 € e na posterior publicación do ou da ganador-a en Instagram. O-a ganador-a recibirá o seu agasallo por mensaxería, no enderezo que nos indique, no prazo de 24/72 h. O PACK “ASCENSIÓN” inclue:

 

1 CD “Ascensión” de Seso Durán, dedicado polo artista

2 Entradas para o concerto de presentación do disco, o 29 de abril de 2022 a las 22h na sala MasterClub de Vigo.

1 Camiseta

1 Bolsa

1 Chapa 

 

 

4.- CONDICIÓNS DA PROMOCIÓN E PREMIOS

 

Vaise elixir un-unha ganador -a e dous suplentes mediante sorteo o día 26 de abril de 2022.

A selección de ganadores e suplentes  realizarase aleatoriamente a través da plataforma Easypromos, que garantiza a transparencia do resultado (inalterable polo organizador) mediante un certificado de validez que cualquer participante pode solicitar ao organizador. O - a ganador -a obterá como premio un PACK “ASCENSIÓN” valorado en 50,99 €.

 

 

5.- LIMITACIÓNS

 

No caso en que se evidenciase que cualquera dos participantes non cumple os requisitos exixidos nestas Bases, ou os datos proporcionados para participar non fosen válidos, a  súa participación se considerará nula e quedarán automáticamente excluidos da Promoción, perdendo todo dereito sobre o premio outorgado en virtude desta Promoción.

 

Non poderá participar na Promoción cualquer persoa que houbera participado directa ou indirectamente na gravación do disco ou na organización deste sorteo.

 

O premio entregado non será transferible nin susceptible de cambios, alteracións ou compensacións a petición dos participantes, e non pode ser canxeado por cualquer outro produto, nin por cartos.

 

O organizador resérvase o dereito, se concorre xusta causa e previa comunicación en legal forma, de efectuar cualquer cambio, suspender ou ampliar esta Promoción.

 

Correrán a conta e cargo do ganador cualquer carga fiscal ou tributaria que a aceptación do premio puidera suporlle, así como cualquer outro gasto derivado da promoción que non estea expresamente asumido polo organizador nas presentes Bases Legais.

 

Establécese un prazo de QUINCE (15) días naturais desde a data da concesión o premio, para efectuar cualquer reclamación motivada. O organizador resérvase, en caso de obrigada necesidade, o dereito de substituir o premio por outro de similares características.

 

 

6.- PUBLICACIÓN DE COMENTARIOS OU OPINIÓNS

 

Non se permitirán comentarios ou opinións cuxo contido se considere inadecuado, que sexan ofensivos, inxuriosos ou discriminatorios ou que puideran vulnerar dereitos de terceiros. Tampouco ser permitirán comentarios contra un particular que vulneren os principios de dereito á honra, á intimidade persoal e familiar e á propia imaxe. O organizador non se responsabiliza dos danos ocasionados polos comentarios que fagan os participantes na Promoción, e que en cualquer momento puideran ferir a sensibilidade doutros participantes.

 

 

7.- EXONERACIÓN DE RESPONSABILIDADE

 

A título enunciativo, pero non limitativo, o organizador no se responsabiliza Das posibles pérdidas, roUbos, retrasos oU cualquera outra circunstancia imputable a terceIros que poidan afectar ao desenvolvemento da presente Promoción, así como tampouco do uso que fagan os-as participantes respecto do premio que obteña desta Promoción, e non asume responsabilidade algunha por ningún dano ou perxuizo de cualquer tipo que puideran sufrir os participantes ou ganador.

Non asume a responsabilidade en casos de forza maior ou caso fortuito que puideran impedir a realización da Promoción ou o disfrute total ou parcial do premio. En caso de que esta Promoción non se puidera realizar, ben por fraudes detectados na mesma, errores técnicos, ou cualquer outro motivo que non estea baixo o control do organizador e que afecte ao normal desenvolvemento do sorteo, o organizador resérvase o dereito a cancelar, modificar ou suspender a mesma.

 

 

 

8.- FACEBOOK/INSTAGRAM

 

A promoción non está patrocinada, avalada, administrada nin asociada en modo algún a Facebook/Instagram, polo que os participantes liberan a Facebook/Instagram de toda responsabilidad polos eventuais danos que se deriven da misma.

 

 

9.- PROTECCIÓN DE DATOS PERSONAIS

 

Óscar Domínguez González con NIF 36048600X e domicilio en Avda. Martínez Garrido 1, Baixo - 26205 Vigo (Pontevedra). A información persoal a conservará de forma segura e a tratará co máximo coidado.

 

De conformidade co establecido na normativa aplicable en materia de protección de datos, e concretamente no Regulamento (UE) 2016/679 do Parlamento Europeo e do Consello, de 27 de abril de 2016, relativo á protección das persoas físicas no que respecta ao tratamento de datos persoais e á libre circulación destes datos, cada participante, coa aceptación destas Bases Legais consinte que os datos personais facilitados para a participación neste concurso sexan incorporados a un ficheiro titularidade do organizador, para tramitar a participación no sorteo e para comunicarlle o premio en caso de que resultase ganador. Os datos personais de contacto non serán utilizados para ningunha outra finalidade.

 

Os Participantes garantirán que os datos persoais facilitados son veraces e fanse responsables de comunicar ao organizador calquer modificación dos mesmos. O organizador resérvase o dereito a excluir da presente promoción a todo participante que teña facilitado datos falsos. Recoméndase ter a máxima dilixencia en materia de Protección de Datos mediante a utilización de ferramentas de seguridade, non puidéndose responsabilizar ao organizador de sustracións, modificacións ou pérdidas de datos ilícitas.

 

Os - as participantes teñen dereito a:

 

(i) acceder aos seus datos persoais, así como a

(ii) solicitar a rectificación dos datos inexactos ou, no seu caso, solicitar a súa supresión

(iii) solicitar a limitación do tratamento dos seus datos

(iv) oporse ao tratamento dos seus datos e

(v) solicitar a súa portabilidade

 

Os - as participantes poden exercer todos estes dereitos no enderezo de email info@sesoduran.com indicando o motivo da súa petición. Os - as  participantes poden tamén, enviar a súa petición por correo ordinario a Avda. Martínez Garrido 1, Baixo - 26205 Vigo (Pontevedra).

 

Sen prexuízo de cualquer outro recurso administrativo ou acción xudicial, o participante terá dereito a presentar unha reclamación ante unha Autoridade de Control, en particular no Estado membro no que teña a súa residencia habitual, lugar de traballo ou lugar da suposta infracción, en caso de que considere que o tratamento dos seus datos persoais non á adecuado á normativa, así como no caso de non ver satisfeito o  exercicio dos seus dereitos.

 

A Autoridade de Control ante a que se teña presentado a reclamación informará ao reclamante sobre o curso e o resultado da reclamación

 

Para máis información, podes consultar a política de privacidad de Óscar Domínguez González a través da siguiente ligazón: https://www.sesoduran.com/política-de-privacidade.

 

 

10.- CAMBIOS

 

O organizador resérvase o dereito de modificar ou ampliar estas bases promocionais, na medida en que non perxudique ou menoscabe os dereitos dos participantes na Promoción.

 

 

11.- LEXISLACIÓN APLICABLE E XURISDICCIÓN

 

Estas bases legais rexiransee de conformidade coa  lei española. Serán competentes para resolver cualquer reclamación ou controversia que puidera prantexarse en relación coa validez, interpretación ou cumprimento destas bases os Xulgados e Tribunais da cidade de Vigo (Pontevedra).

bottom of page